Ir o contido principal

Arteixo de cine contra a violencia machista

Traballar na producción de pezas audiovisuais sobre as violencias machistas ou analizar o proceso de creación dunha película para que os participantes creen e conten as súas historias son algúns dos obxectivos dos obradoiros de cine que pon en marcha o Centro de Información á Muller. 

En ambos casos terán unha charla informativa previa para que os interesados coñezan de primeira man qué é o que se pretende e cómo se programa a actividade. 

O Concello de Arteixo dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia e xénero pon en marcha CREARTEIXO. O Centro de Información ás Mulleres, da área de Benestar Comunitario que dirixe Inés Ramos,  busca sensibilizar á poboación e previr a violencia de xénero no municipio, empregando o cine como eixo central das actividades.

No día a día, as persoas estamos expostas a gran cantidade de contidos audiovisuais que determinan a nosa socialización, ata o punto de ser responsables en gran parte da construción da nosa identidade individual e colectiva.  

Os interesados en acodir ao obradoiro para a mocidade terán unha reunión o venres 10 de maio ás 17.30 h no Espazo Xuvenil Arteixo. 

mozos

As mulleres interesadas están convocadas o luns 13 de maio ás 16 h no CIM. 

muller

Unha selección de películas que se poderán ver nas diferentes parroquias do Concello permitirá ver traballos realizados por mulleres e analizar a representación das mulleres no cine desde un enfoque de xénero. As proxeccións irán acompañadas de charlas e debates.

O proxecto pecharase con unha gala no mes de xuño na que se presentarán as obras realizadas nos obradoiros.