Ir o contido principal

Arteixo entregará os premios ós mellores da provincia na V Gala do Deporte Base

O Centro Cívico e Cultural acolle o próximo xoves 23 de Novembro a V Gala Provincial do Deporte Base coa que se pretende recoñecer o traballo na promoción deportiva dos máis destacados deportistas e clubes coruñeses. 

A cerimonia, a partir das 20,30 h, recoñecerá o labor de entidades do noso municipio como os Clubes de Natación e Balonmán Arteixo; ou a XX Carrera Popular Concello de Arteixo. 

Os premiados son:

  • Mellor Deportista Masculino: Miguel Alvariño
  • Mellor Deportista Feminina: Irene Branco
  • Mellor Club de Base Masculino: Club Baloncesto Culleredo
  • Mellor Club de Base Feminino: Club Natación Arteixo
  • Desenvolvemento do Deporte Base: Club de Patinaxe Artística Maxia
  • Traballo de Formación: Club Balonmán Arteixo
  • Integración Social Mediante o Deporte: Carreira Enki
  • Mellor Promoción do Deporte Base: XX Carreira Popular Concello de Arteixo
  • Apoio do Deporte Base: Jael Joyería
  • Acción Solidaria: Carreira da Muller