Ir o contido principal

Arteixo inaugura o XIII Festival Internacional de galicreques do Consorcio de As Mariñas

Maxia infantil, risas e sorpresas. O festival internacional de galicreques que o Consorcio de As Mariñas leva por toda a comarca coruñesa dende hai trece anos, desembarca o próximo 15 de setembro en Arteixo cun espectáculo de “O mago Paco” que se caracteriza pola posta en escea de elementos moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. 

Será no auditorio do Centro Cívico e Cultural a partir das 20.00 h.

Paralelamente, no vestíbulo do centro, se poderá visitar unha exposición conmemorativa cos carteis das 13 edicións realizadas, que podería completarse con monicreques da Asociación Cultural Barriga Verde, que é  que organiza o evento.

O festival voltará a Arteixo o día 29 con Güe-güe de Larei Lará, espectáculo para bebés;  e finalizará o 6 de outubro con Caperucita y otros lobos de Teatro La Estrella de Valencia.

As invitacións poderán recollerse na Conserxería do CCC de Arteixo a mesma semana da actuación.