Ir o contido principal

Arteixo mantén o seu compromiso coa divulgación da endometriose

Arteixo mantén o seu compromiso coa sociación “querENDO. Mulleres con endometriose" para colaborar na difusión desta enfermidade . Será, por segundo ano consecutivo, con motivo do 27 de Marzo, día no se conmemora o Día da endomentriose,  e a través da concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, que dirixe Inés Ramos.

A endometriose é unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil que implica fortes dores durante a regla e poucas veces ben diagnosticada. No concello de Arteixo podemos ter arredor de 800 mulleres afectadas en maior ou menor grado. A detección precoz é fundamental para evitar o seu avance e que cause maiores danos, así como evitar a dor, e está tardando de media 8 anos .

Nesta ocasión, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza o reparto de dípticos informativos ás   farmacias de Arteixo e ós centros de saúde. Estes están elaborados pola asociación e editados polo concello de Arteixo , que teñen como obxetivo a información ás posibles pacientes  e a sensibilización social. O ano anterior fíxose un reparto a través dos centros educativos na ESO e Bacharelato.

A concelleira quere agradecer a colaboración  das farmacias na difusión e no coidado da saúde sempre e especialmente durante esta pandemia que se mantiveron sempre en primeira liña de atención a pacientes e persoas usuarias.

querendo