Ir o contido principal

Arteixo, Pastoriza e Meicende acollen novos cursos de informática para adultos

Dous cursos de iniciación e catro de perfeccionamento distribuidos en ata catro sedes distintas. O Departamento de xuventude e participación cidadá continúa cos habituais cursos de informática que, cada ano, pretenden achegar as novas tecnoloxías a todas as idades e contribuir ó estreitamento da chamada "brecha dixital". 

Os cursos, para empadroados en Arteixo que non teñan realizado ningún ata o de agora, comezarán o 20 de setembro e teñen un custo de 15 euros que os inscritos deberán de formalizar os días 15, 18 e 19 de setembro. No caso de superárense o número de prazas que se ofrecen realizarase un sorteo público no Salón de Plenos da Casa do Concello,  o 14 de setembro  ás 9:00 h.

Os alumnos de edicións anteriores deberán de formalizar ese pago entre os días 11 e 13 do mesmo mes. 

Horarios cursos

 

 

Documentos: