Ir o contido principal

Arteixo prepara o comezo do curso escolar con medidas especiais

O concello de Arteixo a través da concellería de Educación que dirixe Inés Ramos, e a concellería de Seguridade, que dirixe José María Sánchez, está visitando nos últimos días todos os centros escolares e institutos de Arteixo para preparar as medidas anti-COVID dentro das competencias en educación que ten o concello, sempre en coordinación coa Xunta de Galicia, as ANPAS as direccións dos centros escolares, que son os encargados directos de xestionar os centros educativos.

O concello, como encargado de regular o tráfico de vehículos e peatonal no entorno de todos os centros educativos está elaborando en colaboración coas direccións dos centros, un dispositivo individualizado para cada centro escolar, que consiste en organizar entradas e saídas con escaladas horarias (de modo que os alumnos entren a diferentes horas segundo horarios e clases), habilitación de máis entradas que as habituais  e incluso nalgúns casos se introducirá a utilización de tarxetas de cores para que os escolares estén plenamente identificados co  grupo que lles toca a hora da entrada e saída dos centros escolares.

O concello de Arteixo tamén incrementará a partida presupuestaria destinada as ANPAS para a xestión da liña de comedores escolares e madrugadores e da liña de subvencions para actividades e equipamento educativo.

Tamén orientará os fondos destinados o programa de Arteixo Innovación dos centros escolares para adecuar a ensinanza as novas modalidades de formación motivadas pola pandemia. Todos estes fondos superan de inicio os 250.000 euros, pero poderían incrementarse en función de novas necesidades que se vaian detectando.