Ir o contido principal

Arteixo presenta a súa "Guía para a prevención da violencia machista"

O concello de Arteixo, presenta a súa "Guía para prevención de violencias machistas entre a xuventude  dirixida ás familias", un documento encamiñado a detectar a violencia de xénero na mocidade, tanto entre as posibles víctimas como nos posibles agresores.

Según informe do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, unha de cada tres persoas xóvenes non identifica os  comportamentos de control con violencia de xénero. A Fiscalía Superior de Galicia no seu informe do ano 18 recentemente presentado tamén fai referencia ó incremento dos casos de violencia de xénero nos que están implicados menores.

A influencia dos estereotipos  e a realidade dixital nas relacións entre a xente nova fai que sexa necesario poñer medios para que a xuventude e a comunidade educativa tomen conciencia da gravedade das conductas de control, aillamento ou abuso sobre as mozas como parte da violencia de xénero. Esta guía, dirixida ás familias, pretende ser un deses medios, tamén co obxetivo de promover desde o inicio das relación actitudes críticas frente á desigualdade.

Este material presentarase para o seu debate e reflexión ás familias en dúas charlas, en horario de mañán e de tarde e en distintas ubicacións do territorio do concello para facilitar a asistencia e participación. 

Será no centro social de Meicende o día 18 de novembro ás 11 horas; e no I.E.S. Manuel Murguía o 26 de novembro ás 18 horas.