Ir o contido principal

Arteixo reclama a Fomento a finalización do trámite para executar o enlace de Meicende

O Concello reclama ao Ministerio de Fomento que dirixe José Luis Ábalos que finalice o trámite que permitirá a construcción do enlace de Meicende, pendente dende 2018. O Concello non entende as excusas ofrecidas polo ministerio nas que alega que o proxecto non se inicia porque non está realizado o trámite de información medioambiental. 

O executivo local considera que a resposta de Fomento oculta a súa intención de non acometer esa infraestructura, imprescindible para sacar o tráfico pesado e de mercancías perigosas do núcleo urbano de Meicende e canalizalo a través da autovía do Porto Exterior. 

O Concello lembra que en 2017 o Ministerio publicou no BOE o anuncio que instaba a realizar ese trámite medioambiental e que en 2015 xa se sacara a información pública o proxecto, cifrado en 6,67 millóns de euros. 

O estudio técnico do enlace de Meicende, lembramos,  pasa por desviar da AC-415, que atravesa o centro urbano de Meicende, todo o tráfico pesado procedente de industrias como a refinería. Todo este tráfico tería así un enlace directo coa autovía do Puerto Exterior e suporía a construcción dun vial entre a zona da avenida de Butano en Meicende e o punto no que a nova autovía se cruza coa carretera AC-415. Neste último punto colocaranse dous accesos á autovía, un de entrada e un de saída.