Ir o contido principal

Arteixo renova o seu compromiso co Centro Comercial Aberto

O Alcalde Carlos Calvelo, xunto coa Concelleira de Promoción Económica, Patricia Amado asinaron esta mañá un convenio coa presidenta do Centro Comercial Aberto de Arteixo, Paula Díaz, para a financiación, por parte da administración local, das actividades que os comerciantes e hostaleiros desenvolvan ao longo dun ano. 

Actos culturais, feiras de comercio, actividades lúdicas ou publicidade son algúns dos eventos que figuran anualmente no programa de actividades desta asociación que colabora co concello na realización de citas tan sinaladas como a Feira de Oportunidades, a Feira do automóbil, o concurso de tapas, o "black friday" ou a volta ao cole. 

O Concello achega 70.000 euros para o desenvolvemento destas iniciativas e tamén para os gastos de material promocional da imaxe de Arteixo e actuacións encamiñadas á fidelización de clientes. 

CCA