Ir o contido principal

Arteixo renova o seu compromiso con ASPACE

O concello de Arteixo aprobou hoe un novo convenio de colaboración coa entidade social Aspace.

A Asociación recibirá 8.000 euros por parte do concello, que servirá para apoiar financieramente o labor de índole social que a entidade desenvolve no municipio.

A concelleira de servizos sociais, Inés Ramos, sinala sobre este acordo que “a Asociación de Pais de persoas con Parálise Cerebral leva a cabo unha labor  importantísima, que realiza coas familias  que necesitan de todos os apoios necesarios. A súa labor e todavía máis importante se temos en conta os logros de Aspace nos últimos anos no cuidado destes enfermos”. “

O obxecto do acordo  é colaborar coa financiamento do transporte de usuarios de ASPACE, para que poida prestar servizos de calidade aos usuarios afectados de parálise cerebral con residencia no municipio de Arteixo, dacordo á relación de usuarios que ASPACE comunique ao concello.