Ir o contido principal

Arteixo terá un novo colexio en 2019

O novo centro educativo de Arteixo comezará a se concretar no ano 2019 e aínda non ten unha ubicación definida. A Xunta de Galicia e o Concello manterán unha nova xuntanza, a principios de ano, para estudar os posibles emprazamentos e comezar o proceso para adquirir os terreos. Se edificacá sobre unha superficie duns 20.000 metros cadrados. 

O novo centro, que será para alumnos de educación infantil e primaria, disporá de 450 novas prazas e, segundo as dúas administracións, "asegurará o futuro educativo do concello". 

O alcalde Carlos Calvelo e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez concretaron o pasado venres a construcción deste novo centro nun encontro ó que tamén acodiu a concelleira Celina Varela. As cifras de crecemento poboacional en Arteixo, actualmente en 32.000 habintantes, é o principal argumento que aconsella a construcción do novo colexio. 

Arteixo conta actualmente, tra-la entrada en funcionamento en setembro pasado da terceira escola infantil municipal, cos CEIP Ponte dos Brozos, con 1.128 alumnos; e o CEIP Arteixo , con 591 alumnos. Tamén de infantil e primaria é o CEIP Galán  que acolle a 467 alumnos; e o CEIP San Xosé Obrero de Meicende no que cursan os seus estudos 252 alumno. 

A oferta educativa complétase con dúas escolas de educación infantil en Barrionovo e Vilarrodís , con 74 alumnos; e tres escolas unitarias en Larín, A Lagoa y Rorís ( nas que reciben clase 35 alumnos.

Os IES Manuel Murguía, con 800 alumos;o de Sabón con 233 alumnos, e  o IES Pastoriza  con 299 alumnos, completan un mapa de 3.879 alumnos escolarizados en el municipio de Arteixo.

A xuntanza tamén abordou a reorganización dos institutos co obxectivo de conseguir máis prazas neste ciclo educativo correspondente á ESO, bacharelato e FP.