Ir o contido principal

Astronautas e romanos enchen de actividade o verán das bibliotecas do concello

Coñecer os costumes e vida da antiga Roma, ou vivir aventuras e descubrir planetas a bordo dunha peculiar nave espacial será posible grazas ás actividades de verán que promove a rede de bibliotecas municipais. 

Son actividades para a rapazada de 4 a 11 anos durante todo o mes de xullo.

A biblioteca de Meicende súmase este ano á iniciativa e acollerá, na primeira quincena de xullo, a actividade que ten a antiga Roma como fío condutor. As mesmas datas e temática se ofrecerán tamén na biblioteca Henrique Rabuñal. 

Para seren astronautas, os nenos que o elixan, terán que agardar á segunda quincena de xullo e só na biblioteca de Arteixo.   

O horario das actividades, en todos os casos, será de 10 a 13 horas e, tamén en todos os casos, haberá saídas o derradeiro día.

Para completar a información que precisedes o número de teléfono ao que chamar na Biblioteca de Meicende “Antón Castro” é o 981 274027 e na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” é o 981 659108 en horario de atención ao público, ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Documentos: