Ir o contido principal

A Audiencia Nacional admite a demanda pola peaxe de Pastoriza

A Audiencia Nacional de Madrid ven de admitir a trámite a demanda que o Concello de Arteixo presentara para acadar a retirada da peaxe de Pastoriza. 

A resposta do alto tribunal é consecuencia do estudio técnico presentado hai semanas e no que a administración local sustenta a súa solicitude. Segundo os cálculos dese estudio,  e tras unha negociación coa concesionaria da mesma, a eliminación da peaxe resultaría máis económica que a proposta actual do ministerio que inclúe a prolongación da autovía ao Porto ata a Terceira Ronda. Ademáis o Concello lembra que a supresión da taxa na autopista suporía conectar o tráfico portuario coa A-6 e, ademáis, favorecer o tránsito dos veciños de toda a comarca.

O documento,foi elaborado por avogados e enxeñeiros contratados pola administración e conclúe que Fomento incumpliu varias leis e realizou un cálculo erróneo dos criterios técnicos que o llevaron a este estudio informativo no que se afirma que é mellor prolongar a autovía do Porto Exterior ata a Terceira Ronda, que eliminar a peaxe de Pastoriza tal e como defende o concello.