As aves de Galicia están na aula de natureza
A mostra poderá visitarse de luns a venres, ata o 17 de decembro, na planta baixa da Aula da Natureza en horario de mañá e tarde.
Os visitantes terán a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves e os tipos de hábitats da avifauna que se poden atopar en Galicia, alguns deles existentes no Concello de Arteixo.
A mostra pretende espertar unha actitude positiva amosando os recursos ornitolóxicos dos que dispoñemos e proporcionando pequenos consellos para promover o gusto pola observación e a afición polo estudo das aves.
Os paneis interpretativos forman parte das exposicións itinerantes de orientación divulgativa das que dispón o CEIDA e que a Concellería de relacións coa Comunidade Educativa ven desenvolvendo na Aula da Natureza neste derradeiro trimestre do ano, en colaboración co propio CEIDA e a Deputación de A Coruña.
