Ir o contido principal

Aviso a todos os aspirantes admitidos nos procesos selectivos que inician fase de oposición a semana do 22 de marzo

Os membros dos tribunais e aspirantes ás distintas probas selectivas, pese a actual situación de peche perimetral do Concello de Arteixo, non precisan dun salvoconducto específico para poder acudir ao chamamento de exame, sendo que poderán acreditar tal circunstancia, de ser necesario, ante as Forzas e Corpos de Seguridade ou autoridade competente, coa publicación do BOP de A Coruña da listaxe definitiva de aspirantes de cada un dos procesos selectivos, xunto co seu DNI ou documento indentificativo.

Si fose necesario, o Concello expedirá xustificante de asistencia ao exame aos aspirantes que así o soliciten, despois da realización do exame con identificación individualizada e indicación de inicio e remate da proba realizada.