Ir o contido principal

Axudas para ampliar a redución das cotas a Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Obxecto:

O procedemento TR341P, ten por obxecto ampliar a tarifa plana para autónomos 6 meses adicionais aos primeiros seis, completando así un máximo de 12 meses de redución.

 

Beneficiarios:

Persoas traballadoras de alta no réxime especial de Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007 (tarifa plana), e as rematen no ano 2017.

Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):

Para o exercicio 2017, o prazo de presentación de solicitudes irá desde o 25.08.2017 ao 30.09.2017.

 

Ligazóns: