Ir o contido principal

Axudas para comedor escolar e libros de texto

En aplicación das bases reguladoras para a concesión de axudas ao estudo, aprobadas o 28 de marzo de 2018 polo Pleno da Corporación, publicadas en BOP de 10 de abril de 2018, procédese á publicación da listaxe de solicitantes e documentación a subsanar.

O prazo para a entrega da documentación é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe.

No caso de que a subsanación non se produza, terase por desistida a solicitude, arquivándose previa resolución que se dictará nos termos estipulados na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común.

Data límite para a subsanación: 24 de OUTUBRO de 2018.

A modo meramente informativo, públicase unha listaxe provisional de persoas admitidas e persoas que non cumpren os requisitos.

Unha vez rematado o prazo de subsanación de documentación, publicarase a listaxe definitiva.