Ir o contido principal

Axudas Programa Emega de emprendemento feminino

Resolución do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 148 de 04.08.2017).

Obxecto
Fomentar o emprendemento feminino en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:

  • Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais,
  • Liña Innova, para a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade,
  • Liña Activa, para a reactivación e consolidación de empresas,
  • Liña ITEF, para iniciativas empresariais de carácter innovador,
  • Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral,
  • Dual, para a titorización de proxectos.

Beneficiarios

Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa entre o 01.08.2016 e 04.09.2017.

Prazo de solicitudes

Dende o 05.08.2017 ao 04.09.2017, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Máis información en:


CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Ligazóns: