Ir o contido principal

Becas para o estímulo da excelencia académica

A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa abre o prazo de solicitude das becas que teñen por obxecto o estímulo da excelencia académica a través da formación en centros de traballo no estranxeiro como módulo profesional obrigatorio establecido para a obtención da titulación.

A través desta convocatoria o Concello de Arteixo da apoio á formación integral de estudantes

A formación en centros de traballo (FCT) é un bloque da formación profesional que ten carácter obrigatorio que se desenvolve aplicando as competencias profesionais adquiridas nos centros. Esta liña de axudas intenta favorecer o acceso a esas prácticas nun país estranxeiro como medio de ampliación de coñecementos tanto dos sistemas productivos de lugar de destino como do idioma. Polo tanto, esta formación práctica ten gran valor didáctico e pedagóxico por acercar ao alumnado ao mundo sociolaboral.

De xeito paralelo, estas axudas teñen como obxectivo o estímulo da excelencia académica coa finalidade de estimular o esforzo académico como forma complementaria de logro persoal.

                                                         

  • Prazo de solicitude: 15 días naturais contados dende o seguinte á pbulicación no BOP (26/02/2019).
    • Data límite: 13 de marzo de 2019.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter no departamento de Relacións coa Comunidade Educativa ou na páxina web do Concello (www.arteixo.org)