Ir o contido principal

A biblioteca adianta a súa programación para os próximos meses

A rede de bibliotecas segue a organizar actividades con motivo do seu trixésimo aniversario que conmemora este ano. 

Os meses de febreiro e marzo estarán dedicados ós máis pequenos con máis de catorce actividades espalladas ao longo do calendario. 

Tótem Xestión, Caxoto, Cornelia Craft, un taller de cómic, de manga ou radio teatro son alguhhas das propostas que se achegarán aos bebés, de 1 a 3 anos; e os pequenos de 4 a doce anos. 

No ano 2019 as bibliotecas cumpren 30 anos e, entre outras actividades, o día 23 de abril, entregarase o premio deste concurso no que poderán participar as persoas maiores de idade que deberán presentar un traballo cunha extensión mínima de 3 folios e máxima de 5 a duplo espazo antes do 8 de marzo.

Os premios serán 3. Un primeiro premio de 200 euros en libros e unha tableta; o segundo 200 euros en libros e, o terceiro, 100 euros en libros.

As bases pódense recoller nas bibliotecas e se publican nesta web e no blog  "Palabra de Biblioteca".