Ir o contido principal

A biblioteca de Pastoriza retoma a súa actividade

A Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, volve á súa actividade normal despois dun verán baixo mínimos debido a diversas circunstancias.  

Neste espacio o públio dispón de  prensa diaria, ordenadores con conexión a internet, wifi, área para os máis pequenos e as últimas novidades bibliográficas e audiovisuais que van saíndo ao mercado

A biblioteca de Pastoriza está aberta en horario de 10.15 a 13.45 horas. 

Ademáis o próximo 16 de setembro toda a Rede Municipal de Bibliotecas volve ao seu horario de inverno habitual. 

Así, a Biblioteca Henrique Rabuñal abrirá de luns a venres, polas mañás de 9 a 13.30 horas e polas tardes de 16.30 a 20 horas. Os sábados, de outubro a maio, de 10.30 a 13 horas.

A sala de Meicende, "Antón Castro",  abre de mércores a venres, polas mañás, de 9 a 13.30 horas e polas tardes, de luns a venres, de 16.30 a 20 horas; a de Oseiro, Doda Vázquez, abre de luns a venres, polas tardes, de 16.30 a 20 horas; ao igual que as de Froxel e Pastoriza.