Ir o contido principal

Boxeo, trial e tiro con arco na axenda deportiva de fin de semana

Meicende acolle mañá sábado o Campionato Galego de boxeo junior, xoven , clubes e promesas. Será no pabillón municipal a partir das oito da tarde. 

O Club de Tiro con Arco Arc-Teixo, organiza esta competición oficial, aberta ás modalidades de recurvo, composto e tradicional. O evento terá lugar no pavillón de Galán, o sábado 12 en horario de mañá e tarde, e o domingo 13 pola mañá. Está prevista a participación de 190 deportistas.

arco

Por último, o O Domingo 13 de outubro, o Motoclub Saltamontes organiza esta proba, puntuable para o Campionato Galego de Trial e que terá lugar nos montes de Subico. O comezo do evento será ás 9.00 e discorrerá durante a mañán, e participarán en torno a 45 pilotos.