Ir o contido principal

Campamentos de Semana Santa

Ofértanse as seguintes alternativas para a rapazada de infantil e primaria:

  • VII CAMPAMENTO: Coa temática “A ROBÓTICA” as persoas participantes coñecerán nocións básicas da informática e da robótica ao mesmo tempo que se fomenta o interese pola ciencia.

Realizarase de 10 a 14 horas os días 15, 16,17 e 22  de abril na Aula da Natureza

Nº de prazas: 30

Custo: 16 €

  • VII LABORATORIO MUSICAL: Coa temática “HISTORIAS SONORAS” as persoas participantes coñecerán como xurde unha banda sonora e como se lle pón música ás historias.

O horairo desta actividade é de 10 a 13 horas os días 15, 16, 17 e 22 de abril nas dependencias da Escola de Música (Centro Cívico Cultural de Arteixo).

Nº de prazas: 30 participantes.

Custo: 16 €

Datos de interese:

  • Datas de inscrición: do 25 de marzo ao 5 de abril na Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa (Avda. dos Bosques nº 16 – baixo) Teléfono de contacto: 981647294 – Correo electrónico: educacion@arteixo.org.
  • Admitiranse solicitudes por correo electrónico sempre que se envíen con todos os datos  cubertos.
  • No caso do VII CAMPAMENTO, se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas, poderase abrir un segundo grupo en Agarimo, sempre e cando haxa un mínimo de 12 participantes
  • O Concello resérvase o dereito de reorganizar o lugar de execución dos campamentos dependendo da demanda.