Ir o contido principal

Campaña para previr as enfemidades específicas das mulleres

O concello inicia unha campaña de prevención e información sobre distintos aspectos relacionados coa saúde das mulleres. A saúde entendida como benestar físico, psíquico e social, afecta de forma diferencial a mulleres e homes. Esta é unha das cuestión que se abordarçam ao longo deste ciclo que se dirixe a todas as mulleres de Arteixo, poñendo o foco nunha dos intereses fundamentais na vida das persoas.

O CIM encárgase de organizar esta campaña, onde se abordarán distintas temáticas que afectan de forma específica á saúde das mulleres en distintas etapas do ciclo  vital. Preténdese promover o benestar das mulleres a través do autocoidado, a prevención e a detección precoz de determinadas  patoloxías que son propias das mulleres, aportando información e sensibilización, así como a visibilización social de determinadas enfermedades ou malestares propios do xénero.

Entre a programación prevista abordaremos a endometriose, as implicacións emocionais do cancro de mama, a menopausia, e a humanización do trato á maternidade.

No deseño das mesmas contamos coa colaboración de asociación implicadas e dos centros de saúde de Arteixo.

A endometriose afecta a 800 mulleres en Arteixo

O 25 de setembro iníciase o ciclo co tema da endometriose, unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil que implica fortes dores durante a regla e poucas veces ben diagnosticada. Con estes datos sabemos que  no concello de Arteixo podemos ter arredor de 800 mulleres afectadas en maior ou menor grado. A detección precoz é fundamental para evitar o seu avance e que cause maiores danos, así como evitar a dor, e está tardando de media 8 anos .

A charla será ás seis da tarde no Centro Arteixo Innovación e estarán a concelleira Inés Ramos e Cristina Novoa que pertence á Asociación QuerEndo de mulleres con endometriose. A actividade complétase, finalizada a charla, co espectáculo de Sole Felloza titulado "se a regra non che deixa facer vida normal...Algo vai mal". 

Na campaña repartiremos dípticos informativos nos centros de ESO.