Ir o contido principal

Campionato rexional escolar de grupos show - Patinaxe

A fin de semán do 19 e 20 de maio terá lugar en Arteixo unha competición de grupos de show de patinaxe artística, no que participarán diversos grupos que estarán compostos por patinadores en idade escolar. Acudirán á competición uns 400 patinadores de toda a provincia da Coruña.

A competición comezará o sábado 19, día no que participarán alumnos de primaria, e o domingo 20 será o turno dos grupos de secundaria. En ambas xornadas haberá representación local, coa participación do Club Patín Axel de Arteixo.

Patinaxe