Ir o contido principal

Carlos Calvelo presenta un plan de xestión dos residuos "para os cidadáns"

O novo modelo de xestión dos residuos comezará a se notar nas rúas de Arteixo a finais de mes. O Concello comezará na noite do 28 de xullo a dispoñer os novos colectores que deberán de estar ubicados para comezar a recollida selectiva, o un de agosto. 

Serán, por primeira vez en Galicia, cinco contedores: vidrio, papel e cartón, envases lixeiros, materia orgánica e a denominada fracción resto, un colector destinado a todos os residuos que non encaixen nos outros catro e a aqueles usuarios que non poideran ter realizado unha separación dos seus restos domésticos. 

O alcalde Carlos Calvelo presentou hoxe este novo modelo de xestión "polo que se interesan xa moitos concellos galegos" e que, indicou, é un adianto do que esixirá Europa a todas as administracións. O primeir edil resalta que se trata dun plan de residuos dos cidadáns no que "os camións son dos veciños e os colectores son dos veciños" aludindo así á titularidade 100% pública da nova empresa.