Ir o contido principal

A Carreira popular de Arteixo afiánzase como "única" no calendario galego

Será o domingo 1 de maio e a organización establece un máximo de 2500 participantes.

O Concello de Arteixo acolle o 1 de maio un dos eventos deportivos máis multitudinarios da comarca. A XX edición da carreira popular serve, un ano máis, para apoiar ás persoas con discapacidade que poden competir na proba, en tres categorías especiales.

Os participantes enfrontarán unha distancia de 12.000 metros en categoría senior e superiores. O resto de categorías terán un percorrido acorde á súa idade. Cada quilómetro do trazado estará sinalizado e haberá avituallamientos no quilómetro 6 e ó finalizar a proba.

O prazo para formalizar a inscrición, totalmente gratuita, remata o próximo 26 de abril e só se pode tramitar a través do sitio www.championchipnorte.com

O presidente do Clube Atletismo Arteixo, José Carlos Tuñas; a subdirectora de Personas e Organización da Refinería de Repsol, Dácil Suárez; e o alcalde Carlos Calvelo destacaron hoxe, na presentación da carreira, o carácter exclusivo da mesma.

Cartel da XX Edición da Cerreira popular de Arteixo

 

Audio