Ir o contido principal

Case medio millón de euros para novas sendas peonís no Quinto Pino a Maceira e Laxobre

O Concello finaliza a primeira mesa de contratación de dúas sendas peonís que terán un presuposto de 496.000 € e que servirán para conectar o Quinto Pino coa Maceira, no primeiro dos casos; e para mellorar a seguridade vial do núcleo de Laxobre, no segudo deles. 

A senda do entre o Quinto Pino e A Maceira ten unha lonxitude de 441 metros e o seu presuposto base de licitación é de 281.940€. Ao concurso público presentáronse once empresas. O obxectivo do proxecto é mellorar a seguridade na carretera AC-552 e adecuala á poboación que reside nesa zona. Esta senda dará continuidade á senda que xa existe na marxe dereita da estrada. 

O Concello e a Xunta de Galicia xa impulsaron nos últimos anos outras obras de mellor de accesibilidade no Quinto Pino coa senda que conecta as vivendas coa parada do autobús ou a instalación de semáforos. 

Tamén o Ministerio de Fomento actuou nesa zona coa finalización das obras de circunvalación e novos aparcamentos. 

Carlos Calvelo, espera que estás actuacións "sirvan para mellorar as comunicacións dunha zona que históricamente tivo problemas coas infraestructuras debido á súa situación xeográfica".  

Por outra parte, catro empresas presentáronse ao concurso público dunha nova senda en Laxobre, Terá 300 m de lonxitude e o seu presuposto ascende a 215.697 euros. 

A nova senda mellorará e adecuará a seguridade vial da CM-00295 á taxa de tráfico que soporta; e mellorará a comunicación entre a poboación residente no núcleo de Laxobre. 

 As obras servirán para acometer novas canalizacións de servizos e se eliminarán postes de formigón co consecuente cableado aéreo para o seu soterramento o que provocará unha evidente mellora visual. Tamén haberá renovación do alumeado.

Esta actuación denomínase Senda Laxobre 1ª fase, debido a que se corresponde ao primeiro proxecto que se realizará na zona. A segunda fase unirá esta senda coa poboación de Ponte.