Ir o contido principal

Casi 800 estudiantes participarán na clausura das actividades extraescolares

O curso 2016/2017 remata cunha participación de 792 estudiantes inscritos nas actividades extraescolares ofertadas polo departamento de educación nos CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro.

O CEIP Ponte dos Brozos impartiu estas actividades a 369 alumnos; 120 se inscribiron no CEIP Arteixo, 198 en Galán e 105 en Meicende.

A rapazada participou en actividades como inglés, cociña ou artesanía entre outras.

Os próximos venres 16 e sábado 17 de xuño a Concellería de Educación pon o broche final a estas actividades cunhas xornadas de convivencia para os diferentes grupos.

O venres 16 de xuño poderase disfrutar dos traballos e exhibicións dos participantes do CEIP Arteixo e do CEIP Galán mentres que o sábado 16 de xuño serán os participantes do CEIP Ponte dos Brozos e do CEIP San Xosé Obreiro os que amosarán con actuacións e exposicións o feito desde inicio de curso.

As exhibicións son de baile galego, pandeireta, baile moderno, música, teatro e guitarra. Paralelamente se organizan exposicións acompañadas de obradoiros abertos ao público das seguintes de inglés, artesanía e manualidades, cociña divertida, xadrez, xogando e informática.

Xornada de Convivencia

 

As actiividades extraescolares achegáronse este curso á EEI Larín, EEI Lagoa, EEI Rorís, EEI Vilarrodís, EEI Barrionovo, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP Arteixo, CEIP Galán e CEIP San Xosé Obreiro. Todos eles estarán o día 22 de xuño na xornada de convivencia que organiza o Departamento de Educación.

Será entre as 17:00 e as 20:00 horas na zona deportiva da Avda Arsenio Iglesias. Haberá obradoiros, inchables, actividades deportivas e outras sorpresas para todos os asistentes.

Cada menor participante nas actividades poderá levar dous acompañantes. Todos os asistentes recibirán unha merenda saudable e os participantes un agasallo.

Xornadas de Convivencia