Ir o contido principal

Cine Disney e teatro para abrir a programación cultural de marzo

Co recurso da voz, do corpo e mais da música, Teatro do Atlántico pretende dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza. É o que ofrece "De abrentes e ocasos" o espectáculo que ofrece hoxe a compañía no Centro Cívico de Arteixo a partir das 20.30 h. 

A obra irá dirixida ao público adulto, cun custo de entrada de 3 € para todo o público e de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

Meicende, pola súa parte, aposta polo cine. Se queres coñecer a Vaiana Waialiki e as súas gañas por explorar o mundo tes unha cita n centro cultural a partir das 20:00 h.  

Será sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes da actuación no mesmo centro até completar a capacidade da sala.