Ir o contido principal

A Concellaría de Cultura e Festas pon en marcha a programación da Primavera das Artes “PRIM-ART”

Teatro afeccionado, danza, música e exposicións son os compoñentes da programación que se levará a cabo nos meses de abril, maio e xuño nos auditorios do Centro Cívico Cultural de Arteixo, o Centro Sociocultural de Meicende e a Sala de Exposicións do CCC de Arteixo.

O programa de Prim-ART abre boca coa programación Teatr-ART, a cal trae dende o 29 de marzo até o 7 de xuño 6 espectáculos teatrais pertencentes á XX Mostra de Teatro Afeccionado de Arteixo, comezando o día 29 ás 20:45 h no Auditorio de Arteixo con Unha noite de primavera sen sono, obra pertencente ao grupo de Teatro ES3HA2 de Melandrainas Teatro dirixida a público familiar. Outras das compañías convidadas son a Escola Municipal de teatro de Abegondo (Os Barballocas) e a Compañía Municipal de Teatro de Sada, ademais do alumnado da Escola de Teatro Infantil de Meicende, Soledad Felloza, o monologuista Fredi Cruxer e Casahamlet.

 

Dentro da programación de Music-ART, podemos atoparnos con Xoán Curiel e Charo Pita con Canta miña pedra, canta un concerto para público familiar en homenaxe a Antonio Fraguas que terá lugar este sábado 30 de marzo ás 12:00 h no Auditorio de Arteixo, con Silvia Penide presentando o seu novo disco "El efecto Boomerang", a Gonçalo Guerreiro cun repertorio de temas en portugués a partir de poemas de Fernando Pessoa e a Marina Gundín & The Misters con música swing e jazz a través do II Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade: Elas Son Artistas.

O 26 de abril, ás 20:45 no Auditorio de Arteixo, La Macana, unha compañía de danza contemporánea, pon en escena a Alexis Fernández e ao seu fillo de 14 anos, Paulo nun auténtico desafío que nos fará gozas das marabillas da relación pai e fillo e da pericia de cada un en "Pink Unicorns", única obra pertencente á Danz-ART

Documentos: