Ir o contido principal

Consellos para os propietarios de animais de compañía e a convivencia cidadá

Será o próximo 12 de xuño no Auditorio do Centro Arteixo Innovación entre as 17 e as 19.30h e con acceso libre e gratuito.

A xornada ilustrará ós asistentes acerca das ordenanzas municipais sobre o benestar de animais de compañía e convivencia cidadá; ofrecerá pautas para o benestar animal como base para o benestar cívico ou acercará ós oíntes as responsabilidades dos problemas conductuais dos cans.

Os poñentes serán Oscar Mosquera que é Propietario da Escola de Entrenamento AulaCan en Oseiro; e José Luis González que é Licenciado en Veterinaria pola Facultade Veterinaria de Lugo.

A campaña, que se iniciara hai unhas semanas, ilústrase coa edición dun díptico que lembra ós posuidores de animais de compañía as súas obrigas e dereitos para garantir unha satisfactoria convivencia. O folleto acompáñase de teléfonos de interes como a Delegación de Medio Ambiente da Xunta de Galicia; a Policía Local ou o Servizo de Protección á Natureza da Garda Civil.