Convocatoria de axudas para ampliar a reducion das cotas da seguridade social para a consolidación do traballo autonomo
Orde do 27.04.2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicada no DOG nº92, do 15.05.2018.
Obxecto:
- Ampliar a tarifa plana para autónomos 6 meses adicionais aos primeiros seis contemplados na Lei 20/2007.
Beneficiarios:
- Persoas traballadoras de alta no réxime especial de Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos anteriores ao 01.01.2018, que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007 (tarifa plana), e as rematen durante o ano 2018.
Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):
- Para o exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes irá desde o 16.05.2018 ao 31.07.2018.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572