Ir o contido principal

Convocatoria e bases reguladoras da bolsa de traballo de persoal de limpeza

O Concello de Arteixo por Resolución de Alcaldía nº 2251/2020 de 2 de outubro de 2020, inicia proceso de selección
polo procedemento de concurso, para cobertura temporal dos postos de traballo pertencentes ao persoal de limpeza de
centros municipais e outros de competencia municipal (limpador/a), persoal laboral, a través da creación dunha Bolsa de
traballo de persoal de limpeza (limpador/a) do Concello de Arteixo.
As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e, complementariamente,
na web municipal.
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo, empezarán a contar, no prazo de 10 días hábiles, contados
dende o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP da Coruña.