Ir o contido principal

Corte de auga en Arteixo, Oseiro e Vilarrodís

O Servizo Municipal de Augas acometerá melloras na rede de suministro o que suporá cortes puntuais. 

O martes 11 de decembro os traballos se acometerán en distintas zonas da rede o que provocará cortes en Arteixo, na Avenida de Finisterre entre os números 1 e 137 ambos incluídos; e nos núcleos de Vilarrodís e Oseiro. O corte será efectivo  dende as 23.30 h do martes 11 ata as 6 h do mércores día 12. 

Tamén o martes día 11 está previsto un corte, polo mesmo motivo, nos números pares da Avenida dos Bosques e nos impares da Travesía de Arteixo entre o 289 e o 347 ambos incluidos. Este corte será efectivo entre as catro e as sete da tarde aproximadamente. 

A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.