Ir o contido principal

Cortes de tráfico na Avenida dos Bosques por obras de asfaltado

A ampliación de beirarrúas e asfaltado da Avenida dos Bosques provocará, durante esta semana,cortes de tráfico. 

Será o mércores, xoves e venres cando estará prohibido circular por esta vía e ademáis non se poderá entrar ou saír dos garaxes entre as 8 e as 18 h. 

Os cortes tamén afectarán a outras rúas como a Ría de Noia, Ría de Ferrol, Ría de Vigo ou Ría de Arousa. Nestas cortarase o tráfico de forma temporal ou permanente pero non se impedirá a entrada ou saída de garaxes