Ir o contido principal

A creatividade do taller de Dores Polo na sala de exposicións do centro cívico

O tallerdepolo reafirma a súa aposta pola creatividade máis que nunca agora neste tempo de pandemia, cunha mostra colectiva no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

A artista coruñesa Dores Polo e o alumnado do seu taller creativo inauguran o día 18 de Decembro unha mostra colectiva na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Vinte persoas de distintas idades verán expostas as creacións que realizaron neste espazo artístico e no que se ensinan técnicas tan diversas coma o óleo, acuarela, colaxe, gravado, o debuxo do natural, ou a arteterapia. Tamén se recollen outras experiencias artísticas desenvolvidas ao longo destes últimos quince anos vinculadas coa cultura e a importancia das artes na construción dunha sociedade mellor para todas as persoas.

A mostra está dividida en varias seccións que permiten facer un percorrido polas ensinanzas deste taller que leva anos dinamizando o barrio de Os Castros, e alberga tamén textos dalgúns dos alumnos e alumnas que forman parte do espazo ao longo desta traxectoria. Unha comunidade creativa que mellora os seus días gracias ao aporte que as artes ofrecen para a convivencia e a mellora do ser humano, desexando compartir estas experiencias co publico visitante organizaremos visitas guiadas para o que é necesario concertar unha cita previa (en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024) e garantir o cumprimento dos protocolos de saúde propios deste tempo.