Ir o contido principal

Cultura publica a listaxe de inscritos nos curso de cociña e artesanía de Nadal

A cociña creativa, que tanto éxito colleitou en edicións anteriores, chegará a Meicende os días 26, 27 e 28 de decembro de 11:30-13:00 h, Serán sesións de unha hora e media na que os participantes aprenderán a elaborar, entre outras cousas,  unha ensalada festiva, un paté de marisco, mini hamburguesas de pescado, roliños de salmón, mazapáns e galletas navideñas.

A Arteixo chega a Artesanía de Nadal os días 2,3 e 4 de xaneiro. Será no centro cívico de cinco a seis e media da tarde. Neste caso trátase de que os máis pequenos da casa fagan a súa propia árbore de nadal decorada con arxila xaponesa e con outros elementos naturais. Tamén aprenderán "packaging" creativo, divertidos elementos decorativos e lambetadas navideñas.

Cultura publica a listaxe de inscritos en ambas actividades e ao longo da mañá publicará o resultado do sorteo que hoxe se celebra. 

Documentos: