Ir o contido principal

A danza "Latente" de Paula Quintana enche de soños o Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo

Será a partir das 20.45 h con entrada a 3 € ou 2,25 € para colectivos especiais que o acrediten.

O espectáculo de Paula Quintana chega a Arteixo depois de percorrer toda España e ser premiado como mellor espectáculo de nova creación na Feira
Umore Azoka 2015 de Leioa, dobremente candidata aos Premios Max 2016 na primeira selección, finalista dos Premios Réplica e, grazas á súa
peza curta, Soño3, alzouse co Primeiro Premio do Certame Europeo Muller Contemporánea.

"Latente" conxuga a danza contemporánea, co flamenco, o teatro e o humor absurdo, e fala sobre soños, sobre as historias que suceden no medio de nós.

Por outra banda, o Centro Cívico tamén acolle do 2 até o 20 de maio, na sala de exposicións, a obra do fotógrafo Marcos Rodríguez na que o autor centra o seu obxectivo nos cabelos brancos, as chavellas quebradas e o coiro enrugado dos avós e avoas de Galicia.