Ir o contido principal

Decembro ábrese con teatro infantil en Meicende e Arteixo

Teatro do Noroeste volve a Arteixo. O vindeiro venres 1 de decembro ás 20:00 h, poñen sobre o escenario a súa obra "Animais de compañía", dirixida por Eduardo Alonso. Será no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

"Animais de compañía" é unha fábula moderna sobre as relacións humanas na que a igualdade cobra enorme importancia. Dirixida ó público infantil de máis de 6 anos, a entrada costa 3 € para todo o público e de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

Tamén o venres 1 de decembro  o teatro e a música son protagonistas no auditorio do Centro Sociocultural de Meicende. Paco Cerdeira pon sobre o escenario, ás 20:00 h, "As parábolas de Pakolas" nas que o autor interpretará en directo unha escolla de temas propios e da Gramola Gominola con música rock e outros estilos.


A obra, con entrada gratuita ata completar aforo, diríxese ó público infantil. A recollida de invitacións será unha hora antes do comezo da función no mesmo centro.