Ir o contido principal

Deportes activa unha nova edición de rutas de sendeirismo

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo presenta o programa de sendeirismo que comprende diferentes rutas dentro do propio municipio.

A finalidade deste programa e facilitar o acceso á veciñanza a unha práctica de actividade física saudable no marco do mesmo concello, para deste xeito dar o coñecer á cidadanía as múltiples posibilidades do entorno e a promoción de hábitos de vida saudables a través da actividade fí­sica en entornos naturais

O programa consta de varias rutas de diferente dificultade nas que poden participar persoas desde os 10 anos de idade. Nunha primeira fase do programa ofertaranse 5 rutas que sairán do núcleo da parroquia de Arteixo.

Procedemento de inscrición:

  • Haberá un período de inscrición específico para cada unha das actividades. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
  • Inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.
001

 

002