Deportes da a coñecer o nome dos veciños que participarán na campaña de esquí
Publícase a relación de persoas admitidas do Concello de Arteixo na Campaña de Esquí 2018. Logo do sorteo público celebrado o mércores 17 de xaneiro ás 09.00 h no salón de plenos municipal no que a letra resultante de dito sorteo foi a " T ".
As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do venres 19 de xaneiro. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación, non será admitida:
-
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
- Unha foto tipo carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
- Pago da cota de inscrición (pendente)
Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera, segundo a orde que se especifica en dita listaxe