Ir o contido principal

Deportes organiza un campamento para a mocidade en Semana Santa

O Servizo Municipal de Deportes presenta o I CAMPUS MULTIDEPORTE DE SEMANA SANTA 2021.

Con motivo da celebración das vacacións de Semana Santa, o Servicio Municipal de Deportes, promociona un campamento urbán deportivo para as data 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de mañá, de 10 h a 14 h, destinado a escolares nacidos entre os anos 2017 e 2006. As actividades deportivo-recreativas convirtiranse no atractivo do campus, onde os nenos e nenas poderán disfrutar de xogos populares, deportes alternativos, actividades deportivas e unha festa fin de campus.  O campus vaise levar a cabo nas instalacións deportivas do Concello ubicadas na zona escolar.

  • Organiza: Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo
  • Datas de celebración: 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril
  • Horario: de 10.00h a 14.00 h
  • Idades: Nados desde o ano 2017 e ata 2006
  • Número prazas ofertadas: 25
  • Ratio: 1/5
  • Prezo: 16 €
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa.  981659172.
    • A través do correo electrónico deportes@arteixo.org

Reunión informativa: 29 de marzo ás 10.00 h no Pazo dos Deportes, na que se explicarán as normas da actividade e o protocolo de funcionamento

Procedemento de inscrición: inscrición directa desde o 8 ata o 25 de marzo. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.

 

dxt