Ir o contido principal

Deportes pon en marcha a escola municipal de triatlón

O Concello de Arteixo oferta unha nova Escola Deportiva Municipal de Triatlon-Multideporte .

O Servizo Municipal de Deportes cumple así co obxectivo de facilitar o acceso á actividade físico deportiva ao maior número posible de persoas, e fomentar todo tipo de modalidades deportivas. 

A escola de triatlón é para nenas e nenos de 6 a 12 anos e desenvolverase os martes e venres de 18.00 a 19.00 h

Para inscribirse hai que ir, a partir do 1 de outubro, ao Servizo Municipal de Deportes na Avenida Arsenio Iglesias  ou chamar ao teléfono 981659172

triatlon