Ir o contido principal

A Deputación reserva dez prazas dos seu campamento de verán para a rapazada de Arteixo

Os de Arteixo asistirán na na primeira quenda, do 19 ao 25 de agosto.

Para poder optar a estes CAMPAMENTOS DE VERÁN é necesaria a realización dunha preinscrición cubrindo a folla adxunta que deberá entregarse presencialmente no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org ata o día 16 de xuño de 2017. En caso de que as preinscricións sexan máis das 10 prazas concedidas a este Concello realizarase un sorteo público no salón de planos municipal o 19 de xuño de 2017 ás 11:00 horas.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) do 19 ao 25 de agosto. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

  • INCORPORACIÓN: o sábado pola tarde, entre as 18:00 horas e as 19:00 horas, no Centro Residen cial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13 Concello de Culleredo)
  • REGRESO: o venres seguinte, despois da xornada de clausura
  • DESTINATARIOS: rapaces/zas de entre 9 a 14 anos, ámbalas dúas idades comprendidas, cumpridas no presente ano 2017
  • COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2017”, ademáis do nome do/a participante inscrito e concello ó que pertence

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes náuticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.