Ir o contido principal

"Deseñando o teu futuro" achega o funcionamento de varias empresas a 27 mozos

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, pon o punto e final a unha nova edición do programa "Deseñando o teu futuro". Trátase de impulsar facilitar que nos mozos realicen estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional.

O concello invitou os centros educativos de ESO do concello para a participación no proxecto, e así habrá alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza. IES de Sabón e co CPR Agarimo. Durante o acto agradecéronse a colaboración destes centros educativos co programa municipal. Dende cada un destes centros realizarán unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en diversas entidades e empresas do municipio co obxectivo de que os participantes coñeceran de primeira man a actividade empresarial en diversos sectores. Así, as empresas onde os 27 mozos poideron colaborar foron Be one,  Protección Civil de Arteixo, Aluman, Escola Infantil Municipal, Inkblot Studio Tatoo,  Revela Estudio de fotografía, Peluqueria Manuel Campos e Clinica Veterinaria Travesía.

Entre os obxectivos destas estadías dos mozos nas empresas aparecen como os principais apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación, facilitando un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno, e facilitar a aproximación de mozos e mozas de 14 a 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Inés Ramos sinala que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis información sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder elixir”.