Ir o contido principal

Dez empresas aspiran a construir a nova praza de Meicende

O Concello tramita a fase final de licitación das obras para construir unha nova praza en Meicende. Dez empresas presentaron as súas ofertas para urbanizar 4.200 metros cadrados que a administración xa se encargara de expropiar. 

Será unha praza con pistas deportivas e un perímetro para aparcamento con aproximadamente 44 prazas. O presuposto é de 550.000 euros. 

O proxecto complétase cun edificio de uso mixto, que ocupará 1.100 metros cadrados, e que servirá como centro de día e ludoteca infantil. Será o chamado "Arteixo Concilia" e que se financiará con fondos FEDER dentro das distintas liñas de inversión que permiten os cinco millóns de euros que a Unión Europea concedeu a Arteixo. 

A nova infraestructura sitúase na cabeceira da liña 6 de autobuses de A Coruña o que permitirá ao concello levar a ese lugar a liña municipal de autobuses que unirán Meicende e o centro de Arteixo e que tamén se financiará con fondos europeos.