Ir o contido principal

Educación convoca as axudas para o transporte de estudiantes

AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS NOS NIVEIS OBRIGATORIO OU NON OBRIGATORIO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CONVOCADAS POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE  E EDUCACIÓN- LIÑA 3 – AXUDAS Á MOBILIDADE DE ESTUDANTES

CURSO 2020/2021

LIÑA 3 - AXUDAS Á MOBILIDADE PARA ESTUDANTES Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2020/2021

  • Prazo de solicitude: do 1 ao 31 de outubro de 2020

Documentación:

  • Modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org)
  • Certificado de matrícula emitido polo centro educativo
  • Nos casos de unións de feito con descendentes recoñecidos, separación ou divorcio, copias das sentenzas e do convenio regulador

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org) a través dunha instancia xeral e modelo normalizado de solicitude
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h. Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa. Atenderase sen cita previa por orde de chegada dependendo da dispoñibilidade entre as citas previas.

Para solicitar cita previa:

  • Correo electrónico: educacion@arteixo.org indicando teléfono de contacto, nome, apelidos e DNI da persoa que acudirá á cita.
  • Teléfono: 981659144 (facilitando os mesmos datos)

No caso de desexar cita nun horario/data concreta pode facelo constar no momento de solicitala por calquera dos medios.

    • Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.