Ir o contido principal

Educación fai públicos os requerimentos de documentación para completar expedientes de solicitude de axudas para comedor

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación procede á publicación de listaxe de requerimentos de documentación para completar expedientes de solicitude de axudas ao estudo – Liña 1 (Axudas para comedor escolar).

O prazo para achegar a documentación requerida é de dez días contados dende o día seguinte da publicación na web. En aplicación do artigo 68.1 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, terase por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.

OBSERVACIÓNS

Modo de consulta de datos:

Establécese pola AEPD que para garantir a protección fronte á divulgación dos documentos identificativos, recoméndase que a publicación dos datos persoais  se realice da seguinte forma:

  • No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
  • No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*).

Documentos: