Ir o contido principal

Educación publica as listaxes de requerimentos para as axudas á mobilidade do curso 19/20

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación procede á publicación de listaxe de requerimentos de documentación para completar expedientes de solicitude de axudas ao estudo – Liña 3 (mobilidade).

O prazo para achegar a documentación requerida é de dez días naturais contados dende o día seguinte da publicación na web. En aplicación do artigo 68.1 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, terase por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.